HomesociedadeMáis de 1,5M€ na mellora do IES Daviña Rey de Monforte

Máis de 1,5M€ na mellora do IES Daviña Rey de Monforte

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o IES Daviña Rey de Monforte de Lemos, onde a Xunta está levando a cabo unha ambiciosa mellora sectorial na que se compaxinan traballos de eficiencia enerxética con reformas varias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na visita ao IES Daviña Rey, o conselleiro puido comprobar o bo ritmo das melloras sectoriais que se están levando a cabo neste centro e que supoñen un investimento de case 1,6M€ por parte da Consellería de Educación.

A intervención ten unha parte de eficiencia enerxética que abrangue a substitución de ventás por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmico e dobre vidro baixo emisivo, o illamento da cuberta e das fachadas e a substitución de baixantes e canlóns. Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual estimado de preto do 30% no consumo de enerxía e de emisións de CO² no edificio principal e nos talleres, e de máis do 20% no pavillón. As obras, que se prevé que estean rematadas no mes de setembro, complétanse con traballos diversos de reforma do instituto como pintado, acabados e mellora da sinalización.

Román Rodríguez destacou a aposta da Xunta de Galicia coa mellora das infraestruturas educativas na provincia de Lugo neste verán, cun total de 74 actuacións en 58 centros educativos que acadan un investimento de máis de 15,5M€.

Visita Román Rodríguez ao IES Daviña Rey / Consellería de Educación

O conxunto de intervencións na provincia ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, supoñen ampliacións, rehabilitacións integrais, melloras de eficiencia enerxética ou de accesibilidade que “intensificamos nestas datas co fin de aproveitar o período non lectivo e causar o mínimo impacto na comunidade educativa”, abondou o conselleiro. “Todas elas están enfocadas a acadar centros escolares máis modernos, confortables e sostibles tanto desde o punto enerxético como medioambiental.”

No caso de Lugo, das obras previstas para a provincia, 15 son grandes actuacións (cun período de execución maior que o verán) noutros tantos centros educativos que contan cun orzamento de 14,27M€. As restantes son obras menores, un total de 45 que suman un investimento de case 850.000€ para pequenas reformas e melloras en 39 de colexios e institutos.

Román Rodríguez aproveitou a visita a este centro para gabar a implicación da comunidade educativa e do equipo directivo deste instituto coa mellora educativa que se reflicte na súa participación en distintos programas da Consellería. De cara ao próximo curso refórzase a oferta formativa coa incorporación do Máster de Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviarias.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...