HomesociedadeAs esperadas oportunidades de verán do CCU de Monforte

As esperadas oportunidades de verán do CCU de Monforte

A feira de saldos do comercio local será os días 19 e 20 de agosto na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ano máis, volven As Oportunidades de Verán do Centro Comercial Urbano (CCU de Monforte), serán a fin de semana do 19 e 20 de agosto (sábado e domingo) na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

As 11 tendas asociadas que participan nesta ocasión son as seguintes: Mimos, Cactus Rose, Mercería Carmen, Centro Óptico Susana Wirz, Sapitos y sirenas, Carpe Diem, Da Nosa Terra, F&M Moda, Chus Boutique, Sabrina Moda e Ada Home, ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 70% en moda, calzado, bebé, complementos, óptica, decoración, mercería e agasallo.

Este ano, ademais, haberá unha sorpresa para a cativada, un agasallo ‘máxico’ que o CCU anunciará nas redes sociais antes da fin de semana do evento.

Bolsas compras / CCU

Horario das ‘Oportunidades de Verán do CCU’:

Sábado 19 agosto:
– Mañá: 10.00h a 14.00h
– Tarde: 18.00h a 21.00h

Domingo 20 agosto:
– Mañá: 11.00h a 14.00h
– Tarde: 18.00h a 20.00h

A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...