HomesociedadeChantada celebra as súas Festas do 24 ao 29 de agosto

Chantada celebra as súas Festas do 24 ao 29 de agosto

As Festas na honra da Nosa Señora do Carme terán os días máis tradicionais no sábado, 26 de agosto coa celebración do Folión de Carros a partir das 23:00 e a Festa da Empanada na última xornada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chantada vén de prensentar as súas Festas, un pouco máis tarde do habitual, a raíz do accidente que quitou a vida a dous mozos do concello a pasada semana. Do acto participaron o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, e o autor do cartel deste ano, o veciño ilustrador Jon González.

Diéguez destacaba que “estas festas veñen marcadas por un tráxico acontecemento que deixou un gran pesar en toda a sociedade chantadina. Así neste ano, a presentación fíxose máis tarde e sen moitas ganas de celebración, pero pensando na continuidade da vida.”

Jon González Arroyo, autor un ano máis, do cartel das festas reflexou o Folión de carros de Chantada, a Festa da Empanada, a xente, a troula…

Desde o concello sinalan que as festas teñen un carácter continuísta manténdose o formato de actuacións “co grupo tradicional para o sábado do Folión de carros de Chantada, agrupacións máis actuais para o venres das festas, orquestras para outros días, actividades infantís para o luns pola tarde, grupos locais para o Martes da Empanada e coa novidade de que este ano comezarán o xoves á noite cun concerto nun lugar distinto para que veciñas e veciños de diferentes zonas de Chantada poidan vivir máis preto as festas”.

O pregoeiro destas “Festas de Chantada 2023” será Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego. A lectura do pregón será o sábado ás 00:00. O día 24 contarase con La Penúltima Sabinera na Praza de Catro Camiños ás 23:20. Na Praza do Pavillón actuarán o día 25 a partir das 23:30 Gin Toni´s e DJ Kike Varela e Carlos López.

O sábado comeza con pasarrúas pola mañá, a partir das 22:30 actuará a Banda de Gaitas do Concello de Chantada. Seguida do Folión de Carros ás 23:00, do pregón e o concerto á 1:30 de PelePau. O domingo comezará con pasarrúas pola mañá e concerto da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, no Parque Eloísa Rivadulla. Ás 18:30 comezará o XXII certame de Bandas de Música na Praza do Cantón para rematar coas orquestras Olympus e Gran Parada.

O día 28 a rapazada terá Festa Infantil no campo da feira vello desde as 17:00. Ás 00:00 contarase con sesión de fogos artificiais na Praza do Pavillón. Contase coa orquestra Los Satélites e o Grupo América. No último día, o martes, 29 de agosto, terá lugar a Festa da Empanada no Campo da San Lucas contarase con gaiteiros e charangas para poñer o punto e final coas actuacións das orquestras París de Noia e Tango.

ÚLTIMAS

O BNG insta no Parlamento arranxar de modo íntegro e real a estrada LU-651

O Bloque Nacionalista Galego instou no Parlamento arranxar a estrada LU-651 tendo en conta...

Por Chantada denuncia un ano máis a xestión do Campamento de Verán

Por Chantada-Interior Galego Vivo vén de solicitar acceso ao expediente de contratación da xestión...

Monforte desvela o cartel das Festas Patronais 2024

As Festas Patronais da cidade de Monforte, que terán lugar do 11 ao 16...

Aberto o prazo de matrícula para os Cursos de Verán do Conservatorio de Monforte

Ó igual que nas pasadas edicións, os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto...