HomesociedadeEncontro de irmandade entre Castro Caldelas e A Ermida

Encontro de irmandade entre Castro Caldelas e A Ermida

Un convenio entre as respectivas igrexas destas localidades comprométeas a celebrar misas conxuntas na honra á Virxe dos Remedios, patroa das dúas parroquias. Á unión das imaxes das súas Patroas tamén se suman os seus personaxes emblemáticos do Irrio Peliqueiro e as Cocas e O Meco coas Pampórnigas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado martes 8 de agosto a Virxe dos Remedios da Ermida, acompañada do Meco e as Pampórnigas, visitaba Castro Caldelas. E o xoves 11 era a Virxe dos Remedios de Castro Caldelas e a súas figuras emblemáticas, o Irrio Peliqueiro e as Cocas, as que visitaban o santuario da Ermida, en Quiroga.

Estes intercambios forman parte do irmandamento realizado entre as dúas igrexas no pasado mes de abril, coa sinatura dun convenio entre os párrocos destas parroquias, do que demos conta neste mesmo xornal dixital.

As rúas da Ermida acollían o devandito 11 de agosto a procesión presidida pola Virxe de Castro Caldelas á que ían abrindo paso o Meco e as Pampórnigas; e o Irrio Peliqueiro e as Cocas, figuras semellantes ás da Ermida. Numerosos veciños e devotos, e o alcalde de Quiroga e a alcaldesa de Castro Caldelas, non quixeron perder a oportunidade de acompañar ás imaxes en procesión ademais de asistir á misa coas dúas imaxes da virxe dos Remedios.

O Irrio e as Cocas, O Meco e as Pampórnigas. Foto: Concello de Quiroga.

MOTIVOS DO IRMANDAMENTO

As razóns que levaron aos dous párrocos a tomar a decisión desta irmandade foron dúas principalmente. A primeira delas é que nos dous lugares tense a mesma advocación mariana á “Virxe dos Remedios” e a outra é que as dúas parroquias teñen elementos de carácter popular nas súas procesións dende os séculos XVII – XVIII. Trátase, neste caso, das figuras do Irrio e as Cocas en Castro Caldelas, e do Meco e as Pampórnigas na Ermida, no Concello de Quriga.

Unido ao anterior, os párrocos das respectivas parroquias explican que son zonas pastorais próximas entre as que xa se prestan certa axuda e ademais este encontro serve para visibilizar e promocionar as dúas romarías.

Coa sinatura do convenio no mes de abril as dúas igrexas comprometéronse a celebrar misas e procesións conxuntas na honra á Virxe dos Remedios, patroa das dúas parroquias, na que se unan as imaxes das Virxes e tamén os personaxes emblemáticos destas dúas parroquias.

Os respectivos párrocos coas imaxes do Irrio Peliqueiro e O Meco coas Pampórnigas. Foto: Jesús Río Ramilo.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...