HomesociedadeComeza o ciclo de concertos con grupos locais de Monforte

Comeza o ciclo de concertos con grupos locais de Monforte

A Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España acollerán os escenarios nos que actuarán 11 grupos de música entre o 23 e o 29 de agosto. Este ciclo creouse o pasado ano para poñer en valor e apoiar as bandas locais ao tempo que se dinamiza a hostalería na contorna comercial onde se fan os concertos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 2ª edición do Ciclo de Concertos de Grupos de Monforte organizado polo Concello comeza este 23 de agosto na Praza da Estación de Monforte coas actuacións de Cero 2 Cero, ás 22:30 h. e Los Jinetes del Trópico ás 00:00 h.

Esta iniciativa naceu o pasado ano dentro do Programa de Verán de 2022, e “dado o éxito acadado, volvemos incluílo na nosa programación de verán de 2023, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuacións de grupos monfortinos”, comenta o Alcalde, José Tomé Roca.

Este 2023 non haberá novidades no que respecta ás localizacións. Tres serán os escenarios onde os 11 grupos monfortinos presentes este ano desenvolverán as súas actuacións musicais:  a Praza da Compañía, a Praza da Estación e a Praza de España. Os días programados son este mércores 23, o xoves 24, o luns 28, o martes 29 e o 30 de agosto.

Programa e grupos participantes

  • O mércores 23 de agosto: Cero 2 Cero (22:30 h.) e Los Jinetes del Trópico (00:00 h.), na praza da Estación.
  • O xoves 24 de agosto: Dinosaurios (22:30 h.) e Doc Magoo’s (00:00 h.), na Praza da Compañía.
Doc Magoo’s en concerto. Foto: Thierry
  • O luns 28 de agosto: Dúo contrabaixo e voz- Gonzalo Herrero y Diana Tarín (22:30 h.) e  Movilla y Los Irrepetibles (00:00 h.), na Praza da Compañía.
  • O martes 29 de agosto: Galga Blues Band (22:30 h.) e The Poet`s Silence (00:00 h.) na Praza de España.
  • E o mércores 30 de agosto: Bella Chaos (22:30 h.), Vera Lynn (23:45 h.) e El Tarot de Toth (01:00 h.), na Praza da Estación.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...