Homesociedade'Motoalmorzo moteiro', música e baile na terraza de Las Vegas en San...

‘Motoalmorzo moteiro’, música e baile na terraza de Las Vegas en San Clodio

A fin de semana do 26 e 27 de agosto, este establecemento de Ribas de Sil acolle un encontro do Moto Clube A Curuxa, a actuación do dúo ourensán Farsantes e unha noite de baile amenizada por DJ Rafa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Vai esmorecendo agosto pero a intensa actividade de actividades que está organizando o establecemento hostaleiro Las Vegas, de San Clodio, semella non ter fin.

Para esta fin de semana, días 26 e 27 de agosto, a programación contempla o encontro de moteiros e moteiras do Moto Clube A Curuxa, un concerto pola noite do sábado a cargo do dueto en acústico Farsantes, e unha sesión de baile o domingo noite coa volta do DJ Rafa á ‘Pista’.

MOTOALMORZO

A asociación Moto Clube A Curuxa, despois de varios anos organizando unha xa coñecida e moi concorrida concentración moteira na Comarca de Quiroga a última fin de semana de agosto, este ano non puido sacala adiante por motivos que este medio descoñece.

Non tendo, pois, este ano a posibilidade de organizala, decidiron facer un ‘Motoalmorzo’ o sábado 26 de agosto na terraza do Hotel-Restaurante Las Vegas.

A actividade comezará ás 11:00 h. cunha ruta mototurística pola contorna, ás 14:30 h. será o xantar e entre as 18:30 e as 21:30 haberá un DJ amenizando.

Un pouco máis tarde, ás 23:00 h., terá lugar un concerto a cargo do dúo ourensán Farsantes.

Farsantes nace como alternativa á banda de versións “En mala hora”. Segundo conta David Quintas, un dos compoñentes, “Axiña nos decatamos da sinerxia que se creou con este dúo e decidimos diferencialo da banda de versións e facer algo máis exclusivo”.

Farsantes actuando en Trives (2022). Foto: Reme

Composto por Toño Varela (Guitarra e voz) e David Quintas (guitarra e coros), Farsantes fai un repaso en acústico dos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. No repertorio que interpretan pódese atopar desde Mediterráneo de Serrat ou Juan Perro ata versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva, Fito e fitipaldis, etc. Trátase, en definitiva, dunha selección de versións cunha enerxía que non pasará desapercibida para o público que se achegue á terraza de Las Vegas de San Clodio o sábado.

DOMINGO 27

Como remate á fin de semana, o domingo a partir das 20:00 h., e ata a medianoite, DJ Rafa de Radio Monforte fará bailar ao persoal que se achegue a pasar un bo rato na terraza de Las Vegas. Como en sesións dominicais anteriores, Rafa está a recuperar –por iniciativa da xerente Elena Losada— o espírito festeiro e de bailoteo da coñecida ‘Pista’ de San Clodio.

Imaxe da Pista de Baile de San Clodio. Arquivo Foto Vidal.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...