Homesociedade'Exitoso e multitudinario' encontro de palilleiras en Monforte

‘Exitoso e multitudinario’ encontro de palilleiras en Monforte

O “II Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra” desenvolveuse este 2 de setembro na explanada da Compañía e baixo unhas carpas que protexeron a palilleiras e visitantes da choiva que caeu ao longo do día. A presenza dunhas 400 artistas desta técnica textil conseguiron facer deste encontro "un dos máis multitudinarios da provincia", en palabras do alcalde monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto inaugural, ás 12:00 h. da mañá, o Alcalde de Monforte estivo acompañado pola presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e diversos membros do Equipo de Goberno municipal. O Concello organizou esta xuntanza en colaboración con esta entidade monfortina.

Ademais das 400 palilleiras, procedentes de 30 asociacións e chegadas de todos os puntos de Galicia e Madrid, había comerciantes especializados que ofreceron produtos para palillar.

José Tomé comentaba na apertura da xuntanza que “en Monforte, na rúa do Cardenal, xa se teñen celebrado encontros de palilleiras máis reducidos, pero foron o xerme para que esta sexa a primeira vez que a cidade de Monforte acolle unha gran xuntanza de palilleiras, e para nós é un pracer que todas vostedes poidan amosar a súa arte ós nosos veciños e veciñas, así como as persoas que nos visitan”.

Segundo se sabe, a idea de celebrar unha gran xuntanza de palilleiras xurdiu entre o Concello de Monforte e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra e coa intención de facela no ano 2020. Evidentemente, ese ano non puido ser por estar coa pandemia da Covid e non foi ata o pasado ano 2022 cando se puido celebrar. O evento foi un éxito tanto de participación tanto de palilleiras como de público asistente.

IMPACTO DESTA XUNTANZA

O rexedor monfortino subliñou que esta xuntanza tan especial e multitudinaria, ademais de “amosar e por en valor a arte de palillar” aproveita a “repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fóra de Galicia”.

Ademais do impacto para este arte lembrou a importancia do evento para Monforte e para a Ribeira Sacra pois serve para dinamizar o sector turístico e a hostalería. E non desaproveitando a ocasión, José Tomé animou ás participantes chegadas de Galicia e Madrid a coñecer este territorio, “un anaco do Paraíso no interior de Galicia”.

RECEPCIÓN, DEMOSTRACIÓNS E AGASALLOS

A recepción e benvida das protagonistas contou coa actuación do Grupo de Gaitas e do Grupo de Danza do Concello de Monforte e dende o concello fíxoselles entrega dun agasallo institucional ás mestras palilleiras presentes na mostra, que este ano foron 33.

Do mesmo xeito, dende a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra tamén se levou a cabo a elaboración dun detalle conmemorativo do encontro, que inclúe un encaixe de cores, e que foi entregado a cada participante.

As localidades galegas de procedencia das palilleiras protagonistas deste encontro foron: Arteixo, Vigo, Lugo, Ourense, Boiro, Betanzos, Oleiros, A Coruña, Sarria, Silleda, Valga, Cambados, Vilanova de Arousa, Viveiro, Burela, Xove, Redondela, Vimianzo ou Camariñas, así como de Monforte de Lemos. Como comentamos anteriormente, tamén chegaron algunhas de Madrid.

ÚLTIMAS

Éxito do Mercado de Nadal de Pantón que abrirá os mercados da comarca na primeira fin de semana de decembro

O Concello de Pantón abría o Mercado a profesionais na decoración de Nadal, nas...

1,5M€ para a segunda convocatoria das axudas destinadas á conservación paisaxística na Ribeira Sacra

As achegas están destinadas a poñer en valor o labor que desenvolven as persoas...

Os Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores e persoas con discapacidade

Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas...

Galicia pecha 2025 con 17.715 cotizantes máis á seguridade social

Con 112.031 persoas, cóntase coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro...