Homesociedade“Abre a porta da Memoria”, xogo con sorteo co que Monforte conmemora...

“Abre a porta da Memoria”, xogo con sorteo co que Monforte conmemora a Xornada Europea da Cultura Xudía

O concello de Monforte organiza do 1 ó 25 de setembro o xogo "Abre a porta da Memoria," xogo ó que o Alcalde, José Tomé Roca, anima a que participen tanto os monfortinos como as persoas que visiten a cidade e a Ribeira Sacra durante este mes de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte segue a conmemorar a Xornada Europea da Cultura Xudía con novas actividades, logo das visitas guiadas do pasado 3 de setembro. O xogo, ideado pola Red de Juderías de España, consiste en situarse diante dunha porta colocada na Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6), facer unha foto diante de dita porta e seguir as instrucións do QR impreso na porta.

Unha vez sacada a fotografía, para participar no concurso, será necesario subila a Instagram e etiquetala con #memoria #redjuderias ou enviala a descubridores@redjuderias.org. Os participantes que suban as súas fotos, optarán a conseguir diferentes premios a través do sorteo de packs de agasallos.

Escóllese esta temática porque os xudeus sefardís leváronse con eles as chaves das súas casas coa esperanza de poder regresar de novo un día a elas. Hoxe esas chaves son símbolo da memoria e vínculo entre todos eles e coa súa terra de orixe, Sefarad.

Dende o concello de Monforte animan a veciños e visitantes a participar neste concurso, e de paso aproveitar para realizar un paseo pola memoria visitando a zona de ámbito xudeu de Monforte.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...