HomesociedadeAberto o prazo para participar no "Mercado de Outono" de Monforte de...

Aberto o prazo para participar no “Mercado de Outono” de Monforte de Lemos

O mercado celebrarase os días 17 e 18 de novembro. Contará con 16 casetas nas que se venderán produtos típicos do outono

Publicado o

- Advertisement -
Aberto ata o día 9 de novembro ás 14:00 horas o prazo para solicitar a participación no “Mercado de Outono” que se celebrará os días 17 e 18 de novembro na Praza de Abastos de Monforte.
Neste evento participarán 16 casetas de produtores e comerciantes de produtos de tempada de outono como; cogomelos, castañas, noces, marmelos, froitos do bosque, etc e tamén aqueles produtos elaborados polos propios produtores.
O horario de apertura dos postos de venda son: o sábado 17 de novembro de 10:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e o domingo 18 desde as 11:00 ás 14:00 horas.
Os interesados/as en participar deberán presentar o modelo normalizado da solicitude “Anexo I” xunto coa documentación mecionada nas bases, no rexistro do concello de Monforte ou dirixirse á Axente de empledo e desenvolvemento local do concello de Monforte nas Casiñas da Compañía.

As prazas adxudicadas publicaranse o día 13 de novembro no taboleiro de anuncios do concello de Monforte e na páxina web: www.concellodemonforte.com

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...