HomesociedadeUnha investigadora estadounidense visitou Quiroga para recoller datos sobre o galego

Unha investigadora estadounidense visitou Quiroga para recoller datos sobre o galego

Foi o pasado 29 de agosto e obtivo información a partir de preguntas e conversas con varios usuarios do Centro de Día quirogués.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A profesora Naomi Kurtz, da Universidade de Chicago, visitou a finais de agosto o Concello de Quiroga co obxectivo de recoller datos lingüísticos para a súa tese de doutoramento sobre algúns aspectos morfosintácticos da lingua galega.

Na visita estivo acompañada por David Rodríguez, membro colaborador do Instituto da Lingua Galega (USC), e aproveitou para entrevistar a varios/as usuarios/as do Centro de Día da Ribeira na procura do noso galego máis tradicional.

Os datos recollidos uniranse aos doutros concellos das catro provincias galegas e serviranlle a Naomi Kurtz para o desenvolvemento do seu traballo, que prevé rematar ao longo do vindeiro ano.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...