Homesociedade70 xogadores participan do 15 ao 16 de setembro no XV...

70 xogadores participan do 15 ao 16 de setembro no XV Torneo de Bridge Ciudad de Monforte de Lemos

O encontro que se desenvolverá no Parador de Turismo de Monforte recupérase despois de non celebrarse desde o 2019.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, presidiu este xoves o acto de presentación do XV Torneo de Bridge Ciudad de Monforte de Lemos, que tivo lugar na Casa do Concello, e que contou coa participación de Dora Blanco, que é a Presidenta da Asociación Club Bridge Ciudad de Monforte de Lemos, entidade organizadora do evento, e o Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera.

A Tenente de Alcalde destacou a importancia de “poder acoller encontros deportivos desta índole na nosa cidade, porque non só contribúen a dar a coñecer o potencial do noso turismo e a nosa oferta cultural, senón que tamén xeran actividade ao redor da hostalería e o comercio, e permítennos dar a coñecer o encanto da nosa terra, de Monforte e da Ribeira Sacra”.

O Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, destacou o apoio do ente provincial “porque buscamos o valor engadido, e neste caso o Torneo de Bridge  vai a supoñer un importante revulsivo económico para Monforte durante esta fin de semana, xa que o bridge, aínda que é un deporte aínda descoñecido, move moita xente, sendo ademais un deporte olímpico”. O deputado provincial tamén confía no éxito deste tipo de eventos “que atraen un turismo de calidade e de experiencias”.

Pola súa banda, a Presidenta da Asociación Club Bridge Ciudad de Monforte de Lemos, Dora Blanco, explicou que o torneo contará con 70 xogadores provintes de toda Galicia así coma outros puntos de España como Canarias, Valladolid ou Alacante. A organización do Torneo destina para os participantes mellor clasificados 3.000€ en premios e agasallos. Dora Blanco destacou o carácter oficial do Torneo, “xa que é de categoría nacional, con puntos federativos e que conta coa presencia dun árbitro nacional oficial, Ramón Quirós García”.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde “con 2 médicos para 8.000 persoas”

Chantada quere Sanidade denuncia que "a falta de previsión e unha xestión deficiente por...

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o...

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...