HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra recolle case 2 millóns e medio de quilos...

A D.O. Ribeira Sacra recolle case 2 millóns e medio de quilos e espera completar o groso dos traballos nesta semana

Das 95 adegas que vendiman este ano ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 8 terminaron a vendima, 66 adegas seguen vendimando e faltan 21 por comezar. O Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, confía en que ao longo desta semana o 90% da D.O. estea vendimada. “A vendima dos brancos está case terminada, movéndonos xa nas cifras do ano pasado a estas alturas. A uva tinta con estas augas que estamos a ter corre présa recollela porque o grao de maduración xa non vai subir, está agora en condicións óptimas e hai que evitar posibles podremias motivadas pola choiva

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da primeira fin de semana tras a data recomendada polo C.R.D.O.R.S. para o inicio da vendima, a D.O. Ribeira Sacra leva recolleitos 2.420.647 quilos. Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse 1.496.433 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 1.496.433 quilos
  • Garnacha 57.703 quilos
  • Merenzao 41.793 quilos
  • Brancellao 21.501 quilos
  • Caíno tinto 19.357 quilos
  • Tempranillo 8.917 quilos
  • Sousón 7.389 quilos
  • Mouratón 987 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 635.468 quilos
  • Albariño 57.856 quilos
  • Treixadura 57.807 quilos
  • Dona Branca 6.214 quilos
  • Loureira 4.495 quilos
  • Branco Lexítimo 2.657 quilos
  • Torrontés 2.070 quilos

As primeiras choivas axudaron a aumentar a cantidade de uva e a calidade, pero as choivas destes últimos días chaman á urxencia na medida das posibilidades de cada viticultor e adegueiro. “Está a ser unha vendima distinta, empezou moi lenta para que a planta procesase esas primeiras augas caídas e empezouse a acelerar a recollida o día 14. Agora só hai que ter precaución coas choivas para manter a calidade da uva. Esperamos superar a cifra dos 6 millóns de quilos do ano pasado porque uva hai e ata o momento é de boa calidade”, sinala Antonio Lombardía.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...