HomesociedadeAs cámaras de control de acceso á zonas peonís en Monforte entran...

As cámaras de control de acceso á zonas peonís en Monforte entran en vigor o 1 de outubro

Durante esta semana e a que vén, as cámaras de videovixilancia están operativas en modo de adaptación e probas, co obxectivo de que o 1 de outubro estean plenamente operativas e en funcionamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 1 de outubro iniciarán oficialmente o seu funcionamento as cámaras que o concello de Monforte instalou en diversas zonas e rúas peonís da cidade, co obxectivo de velar polo axeitado acceso dos vehículos a ditas vías peonís.

Instaláronse 18 cámaras, situadas en zonas peonís, “co obxectivo de que a Policía Local poida monitorizar o tráfico e detectar posibles infraccións, especialmente daqueles vehículos que acceden a estas zonas sen a correspondente autorización”, destaca o alcalde.

O Equipo de Goberno habilitou unha sala nas dependecias da policía municipal, e instalou, nas pasadas semanas, as correspondentes sinais verticais de tráfico nas que se advirte a prohibición de transitar, estacionar ou pararse a aqueles vehículos non autorizados.

As rúas nas que se instalaron estas cámaras de control de acceso a zonas peonís son:

  • Rúa Abelardo Baanante
  • Rúa Armando Cotarelo
  • Rúa Comercio
  • Rúa Dr. Teijeiro
  • Plaza de Abastos
  • Avenida de Galicia (na súa zona peonil)
  • Rúa Manuel Hermida Balado
  • Rúa do Cardenal

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...