HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra aproxímase aos 5 millóns de quilos

A D.O. Ribeira Sacra aproxímase aos 5 millóns de quilos

Como anunciou, o pasado luns, o Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, a actividade máis intensa na viña desenvolveuse durante esta semana, duplicando as cifras da pasada fin de semana. O estado sanitario e a calidade da uva que segue entrando en adega son óptimos e durante esta semana a climatoloxía acompañará para terminar a campaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois da segunda fin de semana tras a data recomendada polo C.R.D.O.R.S. para o inicio da vendima, a D.O. Ribeira Sacra leva recolleitos 4.890.265 quilos. Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse 3.675.218 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 3.675.218 quilos
  • Garnacha 169.273 quilos
  • Merenzao 66.806 quilos
  • Brancellao 29.765 quilos
  • Caíno tinto 26.022 quilos
  • Tempranillo 26.708 quilos
  • Sousón 24.532 quilos
  • Mouratón 5.428 quilos
  • Grao Negro 580 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 691.040 quilos
  • Albariño 96.271 quilos
  • Treixadura 59.603 quilos
  • Dona Branca 6.560 quilos
  • Loureira 6.112 quilos
  • Branco Lexítimo 4.287 quilos
  • Torrontés 2.070 quilos

Das 95 adegas que vendiman este ano ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 29 terminaron a vendima, 59 adegas seguen vendimando e faltan 7 por empezar.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...