HomesociedadeO Courel acolleu esta fin de semana as Xornadas de Desenvolvemento Rural...

O Courel acolleu esta fin de semana as Xornadas de Desenvolvemento Rural do Imposible ao Posible

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García inaugurou as I Xornadas de Desenvolvemento Rural Do Imposible ao Posible, organizadas pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na Estación Científica de Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro, orientado ao intercambio de recursos, experiencias e coñecemento entre persoas interesadas en desenvolver iniciativas produtivas e vitais no rural, interviron representantes de proxectos de transformación agroalimentaria en distintos puntos de Galiza como Mel de Outurelos, Amarelante, Cervexas Píntega ou A Carqueixa. E de proxectos comunitarios que impulsan iniciativas colectivas de aproveitamento do territorio e de comercializacion de produtos agroalimentarios como a Comunidade de Montes en Man Común de Carballo ou a Asociación de Gandeiros da Fonsagrada, ou a Asociación Galega de persoas e entidades comercializadoras Terra.

As xornadas continuarían cun espazo de networking e unha mesa con proxectos de turismo sostible coa participación de Jimena Santalices de Cabanas Ancares, Lourdes Abuíde de Casa Chaín e Lucía Canoura de Lugar das Marías.

Daniel García sinalou que “o apoio ao intercambio de experiencias e a vontade de crear rede entre as persoas que apostan por desenvolver a súa actividade profesional e vital no rural é un do eixos dos proxectos impulsados desde a área de Medio Rural”, e puxo como exemplo iniciativas como o programa Da Escola á Granxa que, ademais de achegar escolares a proxectos de emprendemento no rural, crea sinerxias entre as gandeirías e producións participantes.

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...