HomesociedadeA A.V. do Saviñao esixe o mantemento dos aparellos biosaudables instalados no...

A A.V. do Saviñao esixe o mantemento dos aparellos biosaudables instalados no municipio

Piden a reposición dos aparellos totalmente avariados, así como a revisión de mantemento e engrase, e a reposición dos paneis explicativos da súa funcionalidade e correcto uso, "para conservar este mobiliario público tan necesario para a veciñanza".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A principios da década do 2000 dotouse a todos os concellos da comunidade galega de aparellos de exercicio físico denominados biosaludabeis que daban acceso ós veciños do rural a posibilidade de facer exercicio de mantemento e incluso de rehabilitación física nas proximidades das súas vivendas. O Concello do Saviñao non foi unha excepción e case que todas as parroquias teñen instalados estes aparellos con aceptable uso por parte da poboación.

Na actualidade, a asociación asegura recibir queixas polo estado de abandono e inutilización destes aparellos, “estando uns totalmente deteriorados, outros con sinais de agarrotamento e case que todos coa carencia da información acerca do uso e correcta utilidade dos mesmos”. A asociación solicita ao concello as necesarias labouras de conservación desta dotación pública, “xa que en todo este tempo non se realizou revisión algunha.”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...