HomesociedadeSarria tamén terá o seu Polo de Emprendemento

Sarria tamén terá o seu Polo de Emprendemento

Este luns inaugurábase o polo Lugo Comarca que ten como sede o Centro Sociocultural de Friol. O seu traballo súmase ao desenvolvido polos outros tres polos de emprendemento en activo na provincia: A Mariña, en Mondoñedo; Montaña luguesa, na Fonsagrada; e Lugo Sur, en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego xeran actividade vencellada co territorio a través do emprendemento e da creación de emprego de calidade. Desde que iniciaron a súa actividade hai un ano, os polos de Lugo deron asesoramento e axuda para levar a cabo proxectos de emprendemento de 123 persoas, coas que se realizaron máis de 300 sesións de traballo. Entre as actividades máis representadas nos proxectos de emprendemento, atópanse a hostalería (26% do total), o comercio (10%), servizos (10%) e as actividades recreativas, de entretemento e artísticas (9%). As persoas  emprendedoras que recibiron apoio nos polos da provincia teñen no 54% dos casos entre os 35 e os 52 anos, e o 61% son mulleres.

En breve, Lugo contará cun 5º polo de emprendemento e apoio ao emprego en Sarria. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo referiuse ao compromiso da Xunta coa consolidación e implantación empresarial nesta provincia de oportunidades, “Desde Sarria traballaremos tamén para dotar ás persoas que queren iniciar un negocio ou transformalo de todas as ferramentas e o asesoramento experto para que o leven a bo fin.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...