Homesociedade830 paseos en barca polo Cabe este verán

830 paseos en barca polo Cabe este verán

Os paseos en barca polo río Cabe seguen sendo un dos principais atractivos turísticos do verán na cidade de Monforte, e boa mostra de elo é o incremento acadado neste ano 2023, con respecto a anos anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o inicio do mes de xullo e ata o pasado 30 de setembro, o Club de piragüismo Quixós, que se encarga da xestión desta actividade organizada polo Concello de Monforte, contabilizou un total de 830 viaxes. O punto de inicio destes percorridos era o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo tivo un custe de 3’25 euros por barca, como en anos anteriores.

Os datos reflicten que o mes de agosto é o que acapara o maior número de percorridos polo río. De feito, máis da metade das viaxes do verán realizáronse durante este mes, en concreto, neses días de vacacións por excelencia, houbo 482 paseos. No mes de xullo foron 252 viaxes, e no de setembro, 96.

As cifras correspondentes ós paseos en barca confirman que este verán houbo moita xente en Monforte, é unha proba máis de que “Monforte e a Ribeira Sacra están de moda”, destacou o alcalde, José Tomé Roca. Xunto co ano 2021, no que se alcanzaron os 1.043 percorridos, son as mellores cifras dos últimos anos.

En concreto, se comparamos as cifras con respecto ó ano 2022, no que o total de paseos foi de 614, en 2023 foron 216 paseos máis que naquel ano, un incremento do 35%. Polo que respecta ó ano 2020, no que se alcanzaron as 739 viaxes, o incremento en 2023 foi do 12%,  91 viaxes máis. Finalmente en 2019, rexistráronse 798 paseos, polo que en 2023 o incremento foi do 4%, con 32 viaxes máis.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...