Iniciosociedade82% de ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte do Pilar

82% de ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte do Pilar

Segundo os datos recollidos ata o momento polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, as prazas reservadas para esta ponte, entre o mércores 11 e o domingo 15 de outubro, sitúanse no 82%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión, os hoteis de maior categoría (4 e 3 estrelas) e o turismo rural son as tipoloxías que marcan unha maior porcentaxe de reservas, chegando a acadar o 93% e 91% respectivamente. As vivendas turísticas e de uso turístico contan con 69% das prazas reservadas e os aloxamentos noutras categorías o 73%.

“Para atopar unha ponte semellante temos que retroceder no tempo ata o 2021, no que o festivo caeu a martes ou ata o 2017, cando foi xoves. As cifras de previsión son moi semellantes, aínda que despois dun lustro non se poden comparar, debido a que contamos a día de hoxe con case 500 aloxamentos e 4.000 prazas máis que daquela”, sinalan desde o Consorcio de Turismo.

No mes de setembro, a ocupación foi do 65%, repartida do seguinte modo: Hoteis 4 e 3 estrelas, o 89%; Turismo Rural o 55%, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico, o 43% e Outros aloxamentos, o 71%. A porcentaxe de ocupación foi un 6% superior ás previsións de finais do mes de agosto, e ocupáronse 1.100 prazas máis que en setembro de 2022.

As previsións xerais para outubro son dunha ocupación do 45%. En Hoteis 4 e 3 estrelas, 66%, Turismo Rural 42%, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico 18% e Outros aloxamentos 52%. Os hoteis de maior categoría son os que, polo de agora, esperan as ocupacións máis altas. As fins de semana nesta tipoloxía están xa ao 80%.

ÚLTIMAS

Este 5 de decembro arrinca en Sarria o “Tapicheo 23”

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e...

O Concello de Monforte apoia con 5.000 euros a participación de Eduardo Iglesias no Dakar

O piloto Eduardo Iglesias volverá competir no Rally máis duro do mundo e farao...

Que pasa no centro de saúde de Chantada?

O Concello de Chantada acordaba, no pleno celebrado en setembro, que o alcalde, Manuel...

Dous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte pola coincidencia en domingo dos festivos de Nadal

As traballadoras e traballadores públicos do concello de Monforte poderán gozar de dous días...