HomesociedadeA piques de comezar Pantón en forma e Pequechef

A piques de comezar Pantón en forma e Pequechef

O 19 de outubro comeza no centro sociocultural unha nova proposta para as/os máis pequenas/nos da casa, Pequechef.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pequechef desenvolverase todos os xoves de 16:00 a 17:30 “e levará a diversión á cociña para facer que as nenas e nenos se enzoufen e preparen pratos deliciosos”, asegura a concelleira de cultura, Cristina Domínguez. A actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 6 anos e terá un prezo de 20€/mes.

As actividades deportivas comezarán o 23 de outubro. Pantón en forma ofrece nesta ocasión ximnasia de mantemento, pilates, ioga e aerobic-cardio. Estas actividades deportivas desenvólvense en Ferreira e en 5 parroquias a través de diferentes asociacións. Así Pantón en forma chegará a Cangas, Acedre, Tuiriz, A Xesteira e Espasantes.

En Ferreira contarase polas mañás con ximnasia de mantemento e de 19:00 a 22:00 con ioga, aerobic e pilates. Unhas 150 persoas de entre 40 e máis de 80 anos veñen participando cada ano en Pantón en forma.

A finais de mes comezará un curso de restauración de mobles e novembro chegará cunha ampla programación teatral, presentacións e magosto popular.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...