HomesociedadeReábrese a igrexa de San Vicente do Pino co traslado da imaxe...

Reábrese a igrexa de San Vicente do Pino co traslado da imaxe da Virxe de Montserrat

O traslado da imaxe da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa, na que se ubicou de forma provisional, estaba previsto que se levara a cabo mediante unha procesión, pero a climatoloxía adversa deste domingo pola tarde fixo que finalmente a imaxe fora desprazada en camión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco e o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiron este domingo os actos de traslado da imaxe da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, e de reapertura igrexa de San Vicente do Pino, acompañados por unha ampla representación de autoridades e veciños de Monforte.

“Hoxe é un día importante para min como alcalde e para Monforte, porque unha vez rematado hai uns días o proceso de mellora desta igrexa, iniciado no 2019, volverá a acoller as celebracións litúrxicas e de culto que lle son propias, xa dentro da normalidade, e poderá ser visitada”, destacou o alcalde. O concello fíxose cargo do traslado da imaxe da Virxe de Montserrat dende a igrexa da Régoa e do acompañamento co grupo de gaitas.

Para as obras de conservación, restauración e renovación do alumeado contouse cun investimento de preto de 700.000€ do Ministerio de Cultura. Actuouse nas pinturas murais do presbiterio, a nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro do Mosteiro. O proxecto sacou á luz unha pintura mural en bo estado de conservación, intervindo esta decoración inédita cun gran interese histórico e documental. Tamén se reformou a iluminación interior do templo. A Xunta de Galicia realizou tamén un investimento de 122.000€ na restauración deste templo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...