HomesociedadeMáis dun milleiro de persoas nun Qui-Medo histórico baixo a choiva

Máis dun milleiro de persoas nun Qui-Medo histórico baixo a choiva

Os organizadores do QuiMedo cren que esta é a mellor edición das realizadas ata o de agora e destacan a colaboración dos voluntarios, do concello de Quiroga e tamén dos propietarios das vivendas que permiten realizar nelas este evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O QuiMedo 4 prometía un ano máis medo, terror, diversión.. e non defraudou. A pesar da intensa choiva que facía máis terrorífica a noite, o máis dun milleiro de valentes inscritos recorrían as 8 casas. A casa Sau, o Circo Malvado, A Peste, Stranger Things, Chucky, A Momia, Biblioteca Poseída e a Carcel Zombi foron os nomes das casas que xa daban unha idea do que se podía atopar no seu interior. Así recolle o Facebook do concello de Quiroga o balance da noite do 28 de outubro.

No pavillón municipal, centro neurálxico do QuiMedo cada líder de grupo recollía as pulseiras de entrada nas casas e tamén para o inicio da festa infantil, aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición.

A QuiMedo Fest comezaba a partir das doce e media da noite coa actuación do grupo de versións pop-rock “En Mala Hora” e remataba co Dj local Michel.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...