HomesociedadeA A.V. do Saviñao reclama medidas de seguridade vial en varias estradas...

A A.V. do Saviñao reclama medidas de seguridade vial en varias estradas provinciais do municipio

A asociación veciñal, traslada as necesidades manifestadas pola veciñanza no que respecta á seguridade vial en varias estradas. Solicítalle ao Concello que lle faga chegar á Deputación Provincial, titular das estradas afectadas, a necesidade de levar a cabo medidas de seguridade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación sinala as seguintes actuacións, relacionadas con limitación de velocidade e bandas redutoras:  

Na estrada provincial 4102 Escairón-Currelos piden limitación da velocidade a 50Km/h no paso polo Gorgozo e por Xuvencos. Dado o exceso de velocidade co que circulan moitos vehículos ao paso por estes dous lugares, suxiren ou sinais luminosos de limitación, ou bandas redutoras da velocidade nas entradas á poboación, ou emáforos que se poñan en vermello ao superar a velocidade.

Na estrada 4102 Escairón-Ferreira de Pantón reclaman a colocación de bandas reductoras da velocidade na estrada Xan de Forcados de Escairón, á altura do parque infantil, que obriguen a aminorar a velocidade.

Na estrada 5806 Montecelo-Fodo de Vila demandan a colocación de sinais limitadores da velocidade a 30 Km/h no lugar de Galegos dada a estreiteza da calzada ao paso pola poboación.

Na estrada 5804 Escairón-Rebordondiego piden limitación da circulación a un só sentido no centro de Escairón, desde o cruce ata a praza de España, no tramo que inclúe a praza Bernardino Ribadavia e a praza Maior, para evitar o colapso circulatorio que se observa a diario nesta zona.

Agarda a asociación que se exerza a necesaria coordinación entre as administracións para solventar os problemas da veciñanza.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...