HomesociedadeOs viños da Ribeira Sacra promociónanse en Xantar e no Foro Gastronómico...

Os viños da Ribeira Sacra promociónanse en Xantar e no Foro Gastronómico de Barcelona

A D.O. Ribeira Sacra acode un ano máis ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar23, que se celebra en Expourense ata o 5 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra está presente con 10 adegas que participan con máis dunha quincena de viños no Túnel do Viño que se leva a cabo para profesionais do sector. As adegas participantes son: Bodegas Regina Viarum, Adega Galanteiro, Alouviño, Bodegas Rectoral de Amandi, Viñas de Belesar, Adegas Condado de Sequeiras, Régoa, Chao do Couso, Bodegas Petrón, Bodega Gullufre (Isabel Fernández Prado).

Despois de formar parte, durante a primeira xornada, da Cata “Un paseo por Galicia” e do Taller “Experiencias de Calidade de Galicia” con Lacón Galego IXP, Faba de Lourenzá IXP, Pataca de Galicia IXP e Grelos de Galicia IXP, os viños da D.O. Ribeira Sacra estarán presentes tamén nas seguintes actividades:

  • Día 3 de novembro de 13.45 h. a 14.30 h.: Degustación de Viño de Amandi e Rosca de Sober con queixos de D.O galegas. Localización: Espazo Festas Gastronómicas.
  • Día 3 de novembro de 18.00 a 19.00 h.: “Galicia sabe Amar: Mexillón de Galicia”. Viños D.O. Ribeira Sacra. Imparte: José Manuel Mallón Ardiós. Espazo Gastronómico Remollo (Ames – A Coruña). Localización: Aula Grupo Cuevas.
  • Día 3 de novembro de 19.30 a 20.30 h.: Cata comentada dos viños tintos premiados con «Acios de Ouro» nas Catas de Galicia 2023, onde estarán 5 tintos da D.O. Ribeira Sacra: Viña Vella (Mellor Viño Tinto de Galicia), 12 Adega Vella, Romeo Domain, Ó Prómine Singular e Matilda Nieves. Localización: Aula de Cata.
  • Día 5 de novembro de 16.30 a 17.30 h.: “Galicia sabe Amar: Rodaballo e troita de acuicultura”. Viños D.O. Ribeira Sacra. Imparte: Criselda Iglesias. Tapería Lecer (Cangas do Morrazo – Pontevedra). Localización: Aula Grupo Cuevas.

Xa do 6 ao 8 de novembro os viños da D.O. estarán no Foro Gastronómico de Barcelona. Ademais das adegas da denominación que acoden a nivel particular, a D.O. participará no programa Experiencias de Calidade da Xunta de Galicia:

  • Día 6 de novembro de 13:30 – 14:30h. Masterclass IXP Tenreira Galega, IXP Vaca Galega-Boi Galego & IGP Torta de Santiago. Con viño da D.O. Ribeira Sacra. Presenta: Chef Javier Rodríguez Ponche “Taky” – Cátering Boketé (A Coruña)
  • Día 6 de novembro de 17:00-18:00h. Cata-degustación viños tintos premiados cos ACIOS nas Catas de Galicia 2023. Viña Vella (Mellor Viño Tinto de Galicia), 12 Adega Vella, Romeo Domain, Ó Prómine Singular, Matilda Nieves, Sollío e Vía Romana. Presenta: Sumiller Alejandro Paadín.
  • Día 7 de novembro de 15:30 – 16:30h. Cata-degustación brancos premiados cos ACIOS nas Catas de Galicia 2023. 1904 Adega Vella e Sollío. Presenta: Sumiller Alejandro Paadín.

ÚLTIMAS

Sanidade mantén oito semanas de vixilancia na residencia de Monforte tras o gromo de sarna

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou que a Dirección Xeral de Saúde...

4 Grandes Medallas de Ouro e 14 Ouros para a D.O. Ribeira Sacra no Mondial des Vins Extremes

O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais...

O BNG de Monforte recolle case 200 alegacións en dúas horas contra a ponte do Malecón

Desde a formación nacionalista repartíronse folletos con planos, medidas e datos técnicos extraídos do...

O 13 de setembro ás 12:00 “Monforte en Marcha contra o Cancro”

A V edición de “Monforte en Marcha Contra o Cancro” pretende fomentar a práctica...