HomesociedadeFAC-USO denuncia que Monforte non delegue os procesos selectivos da Policía Local

FAC-USO denuncia que Monforte non delegue os procesos selectivos da Policía Local

Aseguran que o consistorio monfortino convocou, a principios de xuño, 2 prazas de policía local por mobilidade, e en outubro, outras 2 máis por oposición libre, poucos días despois de que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) tivera celebrado varios exercicios do proceso selectivo para cubrir 89 prazas de policía local en 24 municipios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

FAC-USO denuncia que Monforte de Lemos segue sen adherirse ao Convenio asinado pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (2017).

“É oportuno lembrar que, hai xa dous anos, a situación foi peor, posto que o sr. Tomé fixo coincidir a data (26/02/2021) do primeiro exercicio das probas para a cobertura de 3 prazas de policía local coa data da primeira proba da convocatoria da AGASP”, sinalan.

Lembran que no seu día criticaron esa “casualidade”, e 280 aspirantes víronse obrigados a decidir entre presentarse a unha convocatoria ou á outra, por non cambiar a data, e ante a negativa á devolución das taxas abonadas, solicitaron a exención das taxas para aqueles/as opositores/as que as tiveran abonado e non se tivesen presentado ao primeiro exercicio, petición que tampouco foi atendida, quedando finalmente desertas esas 3 prazas.

Dende FAC-USO instan a que o concello presidido polo sr. Tomé, se adhira ao Convenio para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, delegando na AGASP estes procesos selectivos.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...