HomesociedadeUn cento de persoas participaron no Parador de Monforte na XXVII reunión...

Un cento de persoas participaron no Parador de Monforte na XXVII reunión da SGADOR

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inauguraba este venres na compaña do Presidente do Comité Organizador, o Dr. Felipe Rocha Garcíae a Xerente do Hospital Comarcal de Monforte, a Dra. Inmaculata Ramos García, a XXVII Reunión da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos (SGADOR), que rematou na mañá deste sábado no Parador de Turismo de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este encontro de médicos e investigadores aborda, a través de diferentes conferencias, mesas redondas e grupos de traballo, diferentes aspectos sobre o emprego de terapias e avances na dor oncolóxica, crónica, neuropática ou lumbar crónica, entre outros temas. Participan da actividade máis dun centro de persoas provintes de todos os puntos de Galicia, León e de Asturias.

O rexedor municipal aproveito a súa intervención para animar ós asistentes a coñecer Monforte e da Ribeira Sacra e descubrir a súa riqueza cultural, patrimonial, paisaxística e gastronómica, “para o concello de Monforte é unha satisfacción, poder volver a acoller na nosa cidade reunións e congresos desta índole, pois non so traen coñecementos, tan necesarios para a saúde dos nosos cidadáns, senón que tamén xeran actividade entorno á hostalería e ó comercio, e permítennos dar a coñecer o encanto da nosa terra”.

Concluíu a súa intervención José Tomé, desexando “que esta reunión serva para avanzar nos traballos de investigación e de coñecemento que permitan avanzar no tratamento e atenuación da dor nos seus diferentes eidos”. O rexedor monfortino tamén recoñeceu a labor destes médicos e investigadores “porque sabemos do enorme mérito do traballo que levan a cabo, moitas veces invisible, pero sempre necesario e insubstituíble.” O congreso contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...