HomesociedadeEntrega de diplomas do curso de Capacitación Dixital no IES Río Cabe

Entrega de diplomas do curso de Capacitación Dixital no IES Río Cabe

Foi o pasado 16 de novembro e o acto contou coa presenza da inspectora de educación María Bóveda, coa xefa territorial de educación, Sagrario Sánchez, e coa deputada autonónima Katy Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 16 de novembro tiña lugar no IES Río Cabe a entrega de diplomas relativos ao curso de Capacitación Dixital. O director, Carlos Parada, agradeceu a alta participación ao tempo que felicitou ao alumnado por conseguir os obxectivos propostos. De seguido, o profesor José Manuel Gil, en nome de todos os docentes que impartiron docencia durante estas semanas, quixo ter unhas palabras de agradecemento ao alumnado que xa forma parte da familia riocabense. A continuación, Gonzalo, Rodolfo, Natalia e César, alumnos do dito curso, tamén manifestaron a súa satisfacción. Seguidamente, Sagrario Sánchez e Katy Varela ofreceron unhas verbas felicitando ao alumnado e ao profesorado por levar adiante esta actividade.

ENTREGA DE DIPLOMAS, LECTURA DE POEMAS E PECHE MUSICAL

Xa no ecuador do acto a vicedirectora, Ana Otero, foi chamando ao alumnado para que as autoridades presentes entregasen os diplomas a cada un dos participantes.

Antes de chegar ao final, o alumnado da quenda de diúrno de 1º de Bacharelato, Demetrio Álvarez e Sabela López, recitaron cadanseus poemas, concretamente “Galicia” de Manuel María recollido na obra Os soños na gaiola e “Iceberg” de Yolanda Castaño da súa obra Materia (Premio Nacional de Poesía 2023).

Xa para rematar, Xurxo Rodríguez e Nerea Iglesias, docentes do IES Río Cabe, e Ariadna Valdés, alumna de 2º de Bacharelato, puxeron a nota musical ao acto. Como remate, todas e todos tomaron uns petiscos na cafetería do instituto.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...