HomesociedadeArrinca o novo obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, A...

Arrinca o novo obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda

O concello do Incio é este ano o promotor do obradoiro dual de emprego 2023-2024 do que tamén forman parte os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón. No acto de presentación deste luns, ademais do alumnado e os responsables do obradoiro, participaron os alcaldes dos tres concellos, Héctor Corujo, José Luis Maceda e José Manuel Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na nova edición que vén de presentarse participan 20 alumnos e alumnas; 6 deles do concello do Incio e 7 por cada un dos outros dous concellos. A maiores hai unha directora, tres monitores e unha administrativa.

A duración do obradoiro dual de emprego é de 12 meses, tempo durante o cal levarán a cabo as seguintes especialidades formativas:

  • Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xadinería para 13 alumnos.
  • Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes para 7 alumnos

A Xunta de Galicia destina a esta obradoiro unha subvención de 532.546,20 euros.

Obradoiro O Incio presentación 2023 / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...