HomesociedadeComeza un novo Obradoiro de Emprego da Pinguela que formará a 20...

Comeza un novo Obradoiro de Emprego da Pinguela que formará a 20 alumnos en albanelaría e carpintaría

Nesta edición recibirán formación teórica e práctica 20 alumnos, nun obradoiro que conta con dúas especialidades, albanelaría e carpintaría, e aqueles que finalicen con éxito a formación obterán o certificado de profesionalidade desta dúas especialidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro de emprego posto en marcha este ano polo concello de Monforte abordará a rehabilitación das naves da Escola Taller da Pinguela. As melloras levaranse a cabo sobre as naves destinadas a obradoiro de carpintaría e a cantaría, acometerase tamén a reforma dos accesos ós módulos de ensino e servizos. Farase a renovación da cuberta da edificación principal do taller de cantaría e rehabilitarase unha das edificacións secundarias. Finalmente, dotarase de banzos ós accesos dos módulos de servizos e aulas.

Taller de carpintaría

Rehabilitarase a cuberta mediante a retirada da cuberta actual e colocación dunha nova cuberta de panel sándwich. A entrada de luz natural resolverase substituíndo as placas de poliester por paneis de policarbonato alveolar. Tamén se dotará á entrada principal dun pequeno porche executado con estrutura de madeira. Sobre o pavimento actual da nave executarase unha nova soleira de formigón. Substituiranse as placas translúcidas dos cerramentos por carpintarías de madeira con vidros de seguridade.

Instalarase unha nova porta e resolverase o acceso á zona elevada sobre o almacén interior mediante a execución no propio taller dunha nova escaleira de madeira e varanda con pendente mais axeitada. Rehabilitarase tamén a edificicación próxima á nave de carpintaría e crearase un acceso directo.

Levarase a cabo a restauración dos entrepanos das portas de madeira do almacén de carpintaría do obradoiro da Pinguela e da porta da Casa da Cultura. Finalmente, elaborarase diverso mobiliario para o equipamento das naves do obradoiro e para a restauración de pequeno mobiliario urbano executado en madeira, bancos, papeleiras e xardineiras.

Taller de cantaría

Instalarase unha cuberta de lousa na edificación principal do taller de cantaría. Á edificación secundaria do taller de carpintaría xunto co alpendre acaroado, dotaráselles dunha nova cuberta de tella cerámica sobre armazón inclinado de madeira.

Para os módulos de servizos e aulas executaranse banzos de fábrica de ladrillo revestidos con pezas cerámicas para facilitar o acceso por ambos lados as persoas con mobilidade reducida.

O rexedor municipal apuntou que “con este obradoiro de emprego, que está promovido polo Concello de Monforte, creamos 24 postos de traballo durante 1 ano; o grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas, 2 docentes, un director e unha administradora, cun investimento de 577.046,20€“, partida que procede de fondos Estatais (do SEPE, Servizo Público de Emprego Estatal), autonómicos e municipais (o concello adica 81.530,60€).

“Unha vez rematado ambos obradoiros, dende o concello de Monforte temos o compromiso de inserción de  alumnos en empresas que precisen contratar a traballadores durante un mínimo de tres meses. Para elo, darémoslle ás empresas e un incentivo á contratación de 1.500 € por alumno e empresa”, concluíu, José Tomé.

ÚLTIMAS

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...