Iniciosociedade115.000€ da Deputación para a mellora de vías na parroquia lancaresa de...

115.000€ da Deputación para a mellora de vías na parroquia lancaresa de Río

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, asinou este martes nunha visita a Láncara un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega ao Concello 115.000€ para que poida acometer melloras en vías municipais de varios núcleos rurais da parroquia de Río.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os 115.000€ que aporta a Deputación supoñen o 96% do orzamento total das actuacións que afectarán aos lugares de Río, San Martiño e Tourelle. Actuarase en treitos que suman 3,2 quilómetros e unha superficie de 13.084 m², e as obras consistirán na limpeza de cunetas e da superficie da pista, aglomerado en quente e pintado con marcas reflexivas brancas. 

José Tomé acompañado tamén polo Deputado de Promoción Económica e Social, e tenente alcalde de Láncara, Pablo Rivera, e membros da corporación municipal, sinalou a importancia deste acordo, xa que, grazas á Deputación, “o Concello dá resposta ás necesidades dos veciños e das empresas destas zonas rurais para mellorar servizos”. Así mesmo, estas actuacións, subliñou Tomé, “darán un maior valor a estas zonas rurais e contribuirán a fixar poboación, pois mellorarán os accesos a todas as parcelas de uso agrícola, gandeiro e forestal, así como ás vivendas dos veciños destes lugares”.

O Presidente tamén aproveitou a visita ao municipio lancarés para desprazarse ata Armea de Abaixo, onde mantivo un encontro cos veciños e veciñas deste lugar da parroquia de Lama. O mandatario provincial fixo entrega á Presidenta do colectivo veciñal, Beatriz González, de mesas e cadeiras adquiridas coa colaboración da Deputación, que aportou case a totalidade dos 5.000€ necesarios do orzamento para dotar de novo equipamento ao centro social deste núcleo rural, coa finalidade de poder levar a cabo actividades culturais e sociais promovidas pola asociación de veciños.

Preto de 2M€ investidos en Láncara

A Deputación leva investidos desde o 2019 no concello de Láncara practicamente 2M€ para mellorar a calidade de vida da veciñanza en colaboración co Concello. A institución provincial achegou fondos para actuacións relevantes como a humanización integral da avenida Benigno Quiroga e mellora do firme de rúas; o soterramento de liñas de media tensión, o acondicionamento de accesos e camiños nunha quincena de parroquias; así como a modificación de sumidoiros ou a adquisición de terreos e inmobles do Adif para poñelos a disposición da veciñanza como unha gran espazo público. Así memo, destinou recentemente un importe por valor de 100.000€ para acometer un proxecto de mellora da beirarrúa e do firme da rúa Antonio López Quiroga, na Pobra de San Xiao, e tamén de vías municipais nos núcleos Augalevada, Vilouzán, Galegos, Ariz e Bande.

José fixo fincapé en que “esta forma de traballar é a única fómula para combater o reto demográfico, que a xente se quede a vivir nestes concellos rurais,  non marchen a outros lugares, e que contribuamos a que floreza o talento, e os grandes proxectos que existen para o desenvolvemento económico e social destas zonas do interior da nosa provincia ”.

ÚLTIMAS

XXIX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, o 11 e 12 de maio

Como prólogo da Mostra, o xoves, 9 de maio, ás 20:30h na adega do...

305.500€ da Xunta para a contratación de 19 desempregados no sur de Lugo

A Xunta de Galicia destina 305.500 euros a financiar a contratación de 19 traballadores...

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...