HomesociedadeAberto o prazo para participar no Mercado de Nadal da Praza de...

Aberto o prazo para participar no Mercado de Nadal da Praza de Abastos de Monforte

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 18 de decembro, contará cun máximo de 16 postos de venda e a convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes que vendan produtos, creacións ou elaboracións de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mercado de Nadal celebrarase na Praza de Abastos da cidade os días 22 e 23, e 29 e 30 de decembro de 2023 en horario de mañá e de tarde (10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30h.). O obxectivo desta cita é impulsar o sector artesanal, comercial e social dos produtos locais que, a través destes eventos, son unha oportunidade para dar a coñecer os seus produtos e empresas.

Os/as interesados/as en formar parte deste Mercado de Nadal terán que presentar a solicitude, xunto coa documentación requerida nas bases, no Rexistro xeral do Concello de Monforte, na sede electrónica, así como a través do seguinte correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 18 de decembro de 2023

O Mercado de Nadal contará con un máximo de 16 postos de venda e a convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes que vendan produtos, creación ou elaboracións de Nadal.

Durante estes días os monfortinos e as monfortinas, así como os visitantes da cidade, terán a posibilidade de coñecer as creacións de expositores de decoración propia da época, alimentación gourmet e artesanía. Para favorecer que o Mercado se convirta nun espazo de lecer para a familia, esta oferta compleméntase cunha completa programación de actividades.

Esta Campaña de Nadal na Praza de Abastos, ten como obxectivo principal fomentar as compras desta época nas tendas da nosa localidade, no noso comercio local, para elo queremos fusionar animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos de facer nas últimas edicións”, destaca o Alcalde, José Tomé.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...