HomesociedadeMonforte acende o alumeado de Nadal "para transmitir unha nova esperanza"

Monforte acende o alumeado de Nadal “para transmitir unha nova esperanza”

O acendido oficial tivo lugar na rúa do Cardenal, diante dun cono de 18 m. de alto e 6 m. de diámetro a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado a Bola de Nadal.

O Equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, 2.000€ máis que en 2023, un 4% máis. Este ano colocáronse máis dun millón de luces Led, aumenta o número de arcos, que alcanzan os 260 arcos, distribuídos en 65 rúas da cidade. Tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

O alumeado funcionará ata o domingo 7 de xaneiro de 2024, permanecendo en servizo 38 días. O horario no que permanecerá encendido será de 18:30 a 2 da madrugada.

“O noso desexo dende o Concello”, subliñou o alcalde, José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería, aínda que non solo hai que pensar no consumo, senón que hai que pensar en ser felices”.

Unha das principais novidades é a continuidade da iluminación da Torre da Homenaxe, con proxeccións que simulan a caída de copos de neve.

“Proporcionalmente un ano máis superamos a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11,5 millóns de luces, polo que tocan a 38 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 54 luces LED por monfortino” recorda José Tomé.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionarán as fontes da cidade todos os días co mesmo horario que as luces de Nadal, de 6 e media da tarde (18:30 h.) ata as 2 da madrugada.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...