IniciosociedadeTomé inicia os trámites oficiais para a visita do Duque de Alba...

Tomé inicia os trámites oficiais para a visita do Duque de Alba a Monforte

A previsión inicial dos dous representantes institucionais é que a visita oficial se poida producir na primavera-verán do vindeiro ano 2024.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de remitir unha carta oficial dirixida ó actual XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba, D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo, na que o rexedor monfortino convídao a unha visita oficial a Monforte de Lemos.

José Tomé inicia así os trámites oficiais de cara a concretar esta visita, logo de que o pasado 27 de setembro lle trasladara esta invitación ó Duque de Alba, durante o transcurso da presentación no Palacio de Liria de Madrid, do último libro da escritora e historiadora monfortina, Manuela Sáez, “Vida y obra del VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro”. Esta invitación verbal foi aceptada “de xeito gustoso” naquel momento polo Duque de Alba, e coincidiron en formalizar oficialmente tal compromiso.

Tras o envío deste convite oficial, José Tomé manifestou que “agardamos recibir unha resposta favorable por parte da Casa de Alba a esta invitación, e de producirse, o seguinte paso será iniciar os contactos pertinentes co obxectivo de acordar a data e os detalles de tan importante e ilustre visita á nosa cidade”.

“Para todos os monfortinos e monfortinas, sería todo un orgullo recibir a visita do actual Conde de Lemos á nosa cidade, que como el manifestou é un dos títulos máis grandes e antigos da Casa de Alba, e se todo vai segundo o previsto, na primavera ou verán do vindeiro ano 2024, D. Carlos Fitz-James Stuart y Martínez de Irujo visitará Monforte e o recibiremos con toda a distinción e deferencia que merece”, concluíu o Alcalde.

ÚLTIMAS

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...

O PP de Monforte acusa a Tomé “de tapar os problemas de abastecemento con bombas de fume como a supresión dos pasos a nivel”

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, tras ver como que as parroquias...