HomesociedadeDous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte...

Dous días máis de permiso para os traballadores do concello de Monforte pola coincidencia en domingo dos festivos de Nadal

A xunta de goberno local do concello de Monforte accede á demanda de CSIF e permitirá aos seus empregados públicos dispoñer de dous días máis de permiso adicionais.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

As traballadoras e traballadores públicos do concello de Monforte poderán gozar de dous días adicionais de permiso, tras ser aceptada pola xunta de goberno local, a proposta presentada por CSIF Lugo con este fin, dada a coincidencia en domingo dos días 24 e 31 de decembro.

Estímase a petición de CSIF en base á resolución da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se establece o réxime de goce de dous días de permiso adicional pola coincidencia en domingo dos días 24 e 31 de decembro de 2023.

O concello de Monforte, tras comunicar a decisión a CSIF Lugo, trasladará tamén este acordo aos empregados públicos do concello para o seu coñecemento e que así poidan proceder á solicitude deses dous días.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...