HomesociedadeMoito que ver e facer para gozar do Nadal en Monforte

Moito que ver e facer para gozar do Nadal en Monforte

Este 5 de decembro deuse a coñecer o programa de Nadal 2023-2024. Sen fallar ás tradicións, como o concurso de Beléns, os concertos corais, o festival de Nadal ou a visita do Apalpador, este ano repetiranse os concertos na Rúa Cardeal e o Mercado de Nadal. Tamén cómpre salientar un espectáculo de humor e interesantes propostas teatrais para público familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer en rolda de prensa un interesante programa de actividades para este Nadal 2023-2024.

Coidando as tradicións, mantense o popular Concurso de Beléns para centros de ensino da cidade, a Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino que chega á súa 23ª edición e terá lugar o 20 de decembro as 6 da tarde no Edificio Multiusos, o certame de poesía infantil “Nadal 2023”, na Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro, e a montaxe dun Belén galego, a cargo de J. Antonio Dávila e que estará exposto dende o 14 decembro de 2023 ao 10 de xaneiro de 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

Outra tradición que non se perde é a decoración de Nadal no vestíbulo da Casa do Concello e da que se encarga a Asociación Albores, un traballo moi orixinal e feito sempre con gran ilusión.

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón / Concello de Monforte

MERCADO DE NADAL E APALPADOR

Durante 2 fins de semana a Praza de Abastos acollerá outro Mercado de Nadal. Así, desenvolverase as fins de semana do 22 e 23 e do 29 e 30 de decembro no espazo anezo á Praza de Abastos. Ademais dos produtos nos que se centre cada mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha completa oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño.

O Apalpador, outro clásico xa da programación de Nadal monfortina, visitará a cidade e percorrerá algunhas rúas da cidade durante a mañá do sábado 24 de decembro. A chegada ao Parque dos Condes será ás 11:30 h. e estará ata as 13:00 h.

CONCERTOS

A música será tamén protagonista no cartel deste Nadal. Concertos típicos de Nadal e outros enfocados para os amantes do pop, o rock e o indie.

Así, pois, o tradicional Festival Nadal 2023, que correrá como todos os anos a cargo do Conservatorio Municipal, celebrarase o 21 decembro ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.

O Concerto de Corais Nadal 2023 será o 22 decembro ás 8 da tarde na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Polifónica de Sarria, o Coro de adultos do Conservatorio de Viveiro e a Coral Polifónica Concello de Monforte.

E o Concerto de Ano Novo correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo. Organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte, celebrarase o mércores 3 de xaneiro xa de 2024 ás 8 da tarde no Edificio Multiusos.

Ademais do anterior, e para os amantes do pop e rock, repítese a experiencia do pasado ano, programando o concello dous concertos de grupos monfortinos na Rúa Cardenal. Un deles será a cargo da banda Doc Magoo’s o 23 de decembro ás 20:00 h. da tarde na rúa Cardeal, e o outro que terá como protagonista ao grupo Malenne. Este último o 30 de decembro á mesma hora e no mesmo lugar.

TEATRO E HUMOR

Tres propostas teatrais chegan a Monforte nestas datas de Nadal. Unha delas é “A cegueira de Cupido; porque o amor nunca é o que parece” do grupo de teatro Viraventos. Será o 16 de decembro ás 8 da tarde, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Dirixido a público adulto, con entrada gratuíta. 

Tamén se programa no mesmo espazo, pero o 26 e ás 18:00 h. “Elfos en prácticas” de Trémola Teatro. É un espectáculo infantil e familiar, con entrada gratuíta. 

E o 28 de decembro ás 8 da tarde chega  “Cinco minutos sen respirar” de Ítaca Teatro,  no Edificio Multiusos, dirixida a público adulto, con entrada gratuíta.

Ademais, o humorista e contador de historias, Xan Veiga, chega a Monforte para presentar o seu novo espectáculo que leva por título “Sonchistorias”, unha homenaxe a 30 anos de humor inxenuo. Un repaso aos 30 anos enriba do escenario deste contador de chistes, narrador e monologuista. Será o xoves 4 de xaneiro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, con entrada de balde e comezo ás 20:15 h.

CABALGADA DE REIS

Un dos días máis agardados será o venres 5 de xaneiro, no que os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas.

O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ao Concello, á praza Campo de San Antonio.

Un pouco máis tarde, ás 19:30 h., as Súas Maxestades lerán o seu discurso dende o corredor da Casa Consistorial e recibirán aos nenos e nenas en recepción oficial.

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presenta un programa de asesoramento especializado para os 10 proxectos finalistas

O programa presentábase este mércores no Parador de Turismo de Monforte por parte da...

Sarria acolle o 18 de maio o Festival Move os Marcos

Música, literatura, activismo e gastronomía conxúganse no programa deste encontro pensadoo para convocar público...

514 prazas para o ‘Programa Deportivo de Verán’ do Concello de Monforte

A edición do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte conta...

Presentación de tres poemarios no Día das Letras Galegas no Ateneo Casino de Monforte

Este sábado 17 de maio, o Ateneo Casino de Monforte de Lemos será o...