HomesociedadeO monfortino, Noé Teófilo Fernández, mellor expediente da Escola Universitaria de Arquitectura...

O monfortino, Noé Teófilo Fernández, mellor expediente da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña

A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC) celebra o seu 50 aniversario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Galego da Arquitectura Técnica concedeu os Premios Galicia 2022-2023 aos Traballos Fin de Grao defendidos, superados e presentados a concurso polos alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña (EUATAC), que neste 2023 celebra o seu 50 aniversario.

O galardóns, concedidos na súa totalidade a proxectos de restauración no sector da construción, poñen en valor a relevancia da rehabilitación no ámbito da arquitectura técnica en Galicia. O primeiro premio recaeu en Laura Tombilla Castro, polo seu traballo Proxecto de Reforma de Edificio de dúas Vivendas e Local Comercial en Vigo. O segundo premio foi para Juan Herminio Carballido González polo seu traballo Rehabilitación para Coliving en Payo Gómez 10, na cidade da Coruña. Concedéronse ademais tres accésits.

O Premio ao Mellor Expediente Académico do curso 2022-2023 da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña foi para Noé Teófilo Fernández Diéguez, de Monforte de Lemos. Os galardóns coñecéronse no pasado mes de novembo e entregáronse coincidindo co acto de gradación da promoción 2022-2023 de Grao en Arquitectura Técnica da Escola Universitaria da Arquitectura Técnica da Coruña.

A secretaria xeral do Consello Galego da Arquitectura Técnica, Rosana Rivas Mariño, indicou que estes recoñecementos serven “para premiar a docencia e o esforzo do alumnado” da EUATAC.

Entrega premios / Colexio de Arquitectura Técnica da Coruña

ÚLTIMAS

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...