HomeComarca de ChantadaAxudas da Deputación de Lugo para mellorar servizos en comunidades veciñais

Axudas da Deputación de Lugo para mellorar servizos en comunidades veciñais

A Xunta de Goberno aprobou este martes a listaxe de 51 asociacións da provincia que resultaron beneficiarias do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. Coñecemos as 17 que recibiron achegas no sur de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O martes 12 de decembro aprobouse na Deputación de Lugo a listaxe de asociacións beneficiadas co Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, unha liña de axudas de concorrencia competitiva que convocou neste 2023 o organismo provincial por terceiro ano consecutivo. O obxectivo das achegas foi colaborar economicamente en obras que melloran a calidade de vida da veciñanza do rural e fomentan o asociacionismo controbuíndo a fixar poboación.

Grazas a este programa, as entidades beneficiarias –asociacións, agrupacións veciñais, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais– recibirán entre 1.000 e 6.000€ cada unha para acometer actuacións de interese comunitario. Estos traballos foron, por exemplo, arranxos do firme en camiños e accesos, rehabilitación de fontes, reparacións en lavadoiros ou sistemas de abastecemento, acondicionamento de locais sociais e compra de mobiliario, obras de humanización e accesibilidade, reparación de equipamento ou colocación de valados.

ASOCIACIÓNS BENEFICIADAS NO SUR DE LUGO

O INCIO

-Monte Veciñal de Vilademouros. Reparación e equipamento do Centro Social. Concedéronselle 6.000 euros.

-Monte Veciñal Cervela. Mellora dunha pista con 6.000 euros.

-Asociación Veciñal e Cultural Ruta do Ferro. Mellora do firme de camiño de acceso A Ferrería. 6.000 euros.

CHANTADA

-Monte Veciñal Faro de Requeixo. Acondicionamento e mellora da accesibilidade á zona da Ermita do Faro. 5.743,19 euros.

SARRIA

-Monte Veciñal Goián. Mellora do firme de camiños nos núcleos de Goián, Vilalence e Cabezares. 5.700 euros.

QUIROGA

-Asociación Veciñal Ponte Soldón. Arranxo Área Recreativa. 6.000 euros.

-Asociación Veciñal Santa Mariña de Sequeiros. Aranxo de camiño nunha 2ª fase. Beneficiados con 6.000 euros.

-Asociación Veciñal de Parteme. Acondicionamento e recuperación de espazo público. 6.000 euros.

-Asociación Veciñal Sociocultural e Medioambiental Veciños de Bendilló. Obras menores no primeiro andar do Centro Sociocultural. 6.000 euros.

O PÁRAMO

-Asociación Veciñal San Xoán de Friolfe. Valado do Campo da Festa de Friolfe. 6.000 euros.

-Monte Veciñal O Faro (Friolfe). Acondicionamento de Área de descanso ‘Tras da Devesa’. 6.000 euros.

PANTÓN

-Comunidade de usuarios Frontón, Outeiro e Lendoiro. Renovación sistema potabilización en depósito. 3.900 euros.

TABOADA

-Asociación Cultural e Veciñal Santiago de Cicillón. Ampliación do local social. 6.000 euros.

-Asociación Veciñal de Santiafo de Sobrecedo. Acondicionamento de accesos e fontes. 6.000 euros.

-Asociación Cultural e de Veciños Castro Celta. Acondicionamento local social. 5.985 euros.

TRIACASTELA

-Comunidade de Veciños de Teixo, Lagua e Castiñeiro José Horacio Rio Lago. Formigonado do Camiño Castiñeiro Vilabella. 6.000 euros.

A POBRA DO BROLLÓN

-Monte Veciñal Pico do Moroto. Acondicionamento muro de cemiterio e beirarrúa. 6.000 euros.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...