HomesociedadeO roadshow do INCIBE chega a Monforte, cultura en ciberseguridade ata o...

O roadshow do INCIBE chega a Monforte, cultura en ciberseguridade ata o 17 deste mes

O roadshow de INCIBE é un camión despregable que viaxa por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanía (desde familias e menores, ata público senior).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte ubícase na explanada da Compañía desde este xoves ata o 17 de decembro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h, con entrada gratuíta e para todos os públicos. En colaboración co Concello de Monforte, pecháronse visitas cos diferentes centros educativos da cidade.

A través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital. Estímase que durante 3 anos, a experiencia do roadshow concienciará en ciberseguridade a preto de 300.000 persoas en toda España.

roadshow, unha vez despregado, é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.

O espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas.

Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo  ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’  de INCIBE. Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.

Do acto inaugural en Monforte participaron a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a experta de Ciberseguridade para Cidadanía e Menores do INCIBE, Cristina Gutiérrez e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...