Homesociedade700.000€ para catro concentracións parcelarias no Páramo e Cospeito

700.000€ para catro concentracións parcelarias no Páramo e Cospeito

A Consellería do Medio Rural publica na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o anuncio de licitación da contratación de catro lotes de servizos técnicos de procesos de reestruturación parcelaria nestes municipios, cun importe global de case 700.000 euros. Os licitadores poderán presentar as súas ofertas ata as 14:00 horas do día 23 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes contratos permitirán comezar cos traballos nas concentracións parcelarias de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás, en Cospeito; e Friolfe, no Páramo. O proxecto que se licita é a colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento topográfico e a obtención dos planos parcelarios, a preparación das bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria nestas zonas de reestruturación.

Estes catro lotes forman parte dun total de 13 que se veñen de publicar na plataforma de contratación da Xunta cun orzamento global de case 4 millóns de euros, no que se inclúen seis parcelarias da provincia da Coruña, dúas de Pontevedra e unha de Ourense.

A través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, mobilizáronse 35.000 hectáreas en toda a comunidade nesta lexislatura. En canto ás concentracións parcelarias, dende o 2020 rematáronse un total de 30 procesos de reestruturación, abranguendo unha superficie de máis de 19.800 hectáreas e beneficiaron a máis de 14.600 propietarios. Ademais, dende o ano 2021 decretáronse 29 novas parcelarias ao longo de toda Galicia, abarcando case 24.000 hectáreas de máis de 16.300 titulares.

No vindeiro ano, o goberno galego destina 24 millóns de euros para seguir avanzando nestes procesos e véñense de publicar axudas para a mellora de infraestruturas viarias vinculadas ás concentracións parcelarias, cun orzamento de 6 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de hoxe.

ÚLTIMAS

“A historia vaxenial”, este 12 de marzo no Multiusos de Monforte

A proposta, organizada polo Concello de Monforte, enmárcase na programación da Rede de Teatros...

Cupóns da ONCE dedicados á olería de Gundivós

A olería tradicional de Gundivós será protagonista nos cupóns da ONCE do sorteo do...

‘Fóra Stocks Monforte’, grandes oportunidades e 500 € en premios

Esta fin de semana, 14 e 15 de marzo, terá lugar unha nova acción...

O BNG acusa á Xunta de non restaurar as zonas queimadas en Pantón tras os incendios de 2025

O deputado do BNG Iago Suárez denunciou este mércores no Parlamento galego que a...