HomePolíticaA CIG faise coas 5 delegadas do SAF de Monforte

A CIG faise coas 5 delegadas do SAF de Monforte

A CIG gaña e consegue a totalidade da representación no servizo de axuda no fogar do Concello de Monforte (adxudicado á empresa Attende Care) ao obter as cinco delegadas que se elixían para o comité.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A CIG agradece a confianza depositada na súa candidatura e entende que constitúe un respaldo á acción sindical e ás mobilizacións realizadas para evitar que se ratificara o preacordo de convenio sectorial acadado por UGT e CCOO coa patronal, “xa que condenaba ás traballadoras a seguir tendo condicións de miseria e recortaba o único dereito que lles permitía non perder capacidade adquisitiva: a cláusula de revisión anual conforme ao IPC real.”

O sindicato asegura que “con este resultado aválase tamén o traballo realizado polas delegadas da CIG, grazas ao que as traballadoras do SAF de Monforte (ao igual que as de Chantada) están cobrando segundo as táboas salariais de 2023 actualizadas en todos os conceptos á suba do IPC”.

Lembran tamén que conseguiron negociar coa empresa adxudicataria que, a partir do 1 de xaneiro, a compensación da quilometraxe se compute dende o centro de traballo e non só dende o primeiro domicilio ao último, como estabelece o convenio e incrementouse o prezo de compensación dos desprazamentos que pasou dos 0,18cént/km aos 0,22 cént/km.

A central amplía así a súa representación e xunto co resultado obtido nas eleccións de Chantada afiánzase como primeira forza no SAF privatizado no sur da provincia, “reafirmamos o compromiso na defensa dos dereitos das traballadoras, na loita pola mellora das súas condicións de laborais e salariais e na reivindicación dun sistema público galego de atención ás persoas que integre todos os servizos de coidados nunha única rede”.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...