HomesociedadePuntos de interese do Camiño de Santiago ilumínanse con motivos xacobeos

Puntos de interese do Camiño de Santiago ilumínanse con motivos xacobeos

No Camiño de Inverno ilumínanse a Casa de Lemos (Casa da Cultura) de Chantada e a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 12 puntos de interese das rutas do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, na súa maioría igrexas, locen estes días de Nadal iluminación ornamental con motivos Xacobeos. Trátase dunha iniciativa da Xunta, a través de Turismo de Galicia, no marco do proxecto AcendeoCamiñodeSantiago.

O delegado territorial, Javier Arias, visitou a Catedral de Lugo, un dos monumentos do Camiño Primitivo que permanecerá iluminado ata o 8 de xaneiro, xunto coa igrexa de Santiago Apóstolo de Castroverde e a igrexa de Santa María da Fonsagrada. No Camiño de Inverno ilumínanse a Casa de Lemos (Casa da Cultura) de Chantada e a Torre da Homenaxe de Monforte de Lemos

No Camiño Norte conta con esta iluminación o mosteiro Beneditino de San Salvador de Lourenzá, a Catedral de Mondoñedo e o Parador de Vilalba e na ruta do Camiño Francés teñen iluminación especial as Casas do Concello de Palas de Rei e Triacastela, a igrexa de Santa María A Real de Pedrafita do Cebreiro, e a igrexa de San Nicolás de Portomarín.

San Nicolás / Facebook concello de Portomarín

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...