HomesociedadeEspectacular pista de xeo no CC Pontevella de Ourense

Espectacular pista de xeo no CC Pontevella de Ourense

Poderase gozar dela durante o Nadal ata o 7 de xaneiro de luns a domingo en horario de 11:00 a 22:00 h. Os días 31 e 1 terán horario reducido. O 31 de 11:00 a 17:30 h. e o 1 de xaneiro de 17:00 a 22:00 h. Do 8 ao 21 de xaneiro permanecerá aberta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a xerencia do CC Pontevella de Ourense convidan a achegarse para facer as últimas compras e de paso gozar dunha fantástica Pista de Xeo natural instalada na terraza superior do Centro Comercial e de Lecer. Esta atracción preséntase con máis de 300 m² de auténtico xeo e con atractivos efectos de luz led, música e outras moitas novidades e melloras.

Unha instalación que xa é un clásico nos últimos 12 anos en Pontevella e que visitan miles de usuarios e usuarrias, tanto nenos como maiores cada tempada. A entrada xeral costa 7€ e tamén existen descontos especiais para grupos e outras promocións específicas que se poden consultar nos mostradores de información da pista de xeo ou nas oficinas de xerencia. Para os máis pequenos pódense alugar andadores especiais con forma de foca durante a media hora que dura a entrada na pista por un prezo especial de 2€.

Aínda rematado o Nadal, a pista de xeo permanecerá aberta do 8 ao 21 de xaneiro. Aquí, neste panel infórmase ao detalle de todos os horarios de apertura para esas datas.

ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE

Dende a xerencia queren salientar que por terceiro ano a localización da pista está situada na Terraza Superior accesible desde o andar de lecer do Centro Comercial a través do ascensor ou das escaleiras mecánicas. Ademais, por seguridade e comodidade, dispoñen de confortables zonas separadas para prepararse e poñerse as botas para acceder á pista e, unha vez se sae, depositar o material refugable de forma rápida.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...