HomesociedadeAlta velocidade para 726 vivendas e empresas en Quiroga

Alta velocidade para 726 vivendas e empresas en Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, realizou unha visita institucional ao concello de Quiroga para presentarse ante o novo rexedor, José Luis Rivera e manter un encontro no que se abordaron cuestións relacionadas co papel desenvolvido polo Estado neste concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez informoulle dos investimentos que está a realizar o Goberno no concello como é o caso da posta en marcha de internet a alta velocidade en 726 vivendas e empresas, apostando por levar a modernización das infraestruturas de rede ao rural.

“Con estes investimentos, a Quiroga se lle facilitan opcións en materia de infraestruturas xunto co resto dos municipios lucenses, velando pola importancia que teñen os seus cidadáns para a comarca e o conxunto da provincia“, apuntou Rodríguez.

A subdelegada tamén animou ao rexedor a solicitar a axuda do Goberno e da subdelegación cando a precise e de seguir apoiándose mutuamente para desenvolver todo o potencial do municipio e lograr unha provincia máis cohesionada e dinámica que mellore a vida dos seus habitantes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...