HomesociedadeO concello de Monforte precinta o local nº 46 da rúa Duquesa...

O concello de Monforte precinta o local nº 46 da rúa Duquesa por carecer de licenza de apertura

A medida cautelar de peche e precinto do local realízase para garantir que non se exerza a actividade de xeito irregular, e que non se abra o local, sen o necesario título habilitante para iso, que non é outra cousa que unha licenza en vigor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do 3 de xaneiro aprobou precintar o local de hostalería situado na rúa Duquesa de Alba, concretamente no baixo do número 46, por non contar con licencia definitiva de apertura.

A Xunta de Goberno acordou incoar expediente de reposición da legalidade urbanística por exercicio da actividade no mencionado local pois estaba amparado unicamente por unha licenza provisional caducada, que non permite a apertura do mesmo, por non estar vixente a licenza.

Neste senso, tamén se declarou ineficaz a comunicación previa que a actual xerencia do local presentou solicitando o cambio de titularidade da licenza de actividade económica do citado local, debido precisamente a que este cambio non é posible se non se conta con licenza definitiva de apertura.

O alcalde explica que “decidimos adoptar a medida cautelar de peche do establecemento ante o perigo que a súa apertura pode supor para os intereses públicos, para o cal axentes da Policía Local deste Concello procederá na tarde deste xoves 11, a partir das 17:00 horas, ó precinto do local.”

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...