HomesociedadeQuiroga celebra a XLII Feira do Viño, os días 30 e 31...

Quiroga celebra a XLII Feira do Viño, os días 30 e 31 de marzo

A XLII Feira do Viño de Quiroga xa ten data confirmada, será o 30 e o 31 de marzo. O primeiro paso para a organización do maior evento do concello de Quiroga é o de fixar a data que se mantén na Semana Santa dende hai máis de trinta anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos seus inicios, no 1980, a Feira do Viño de Quiroga celebrábase durante a festividade do San Martiño, patrón da vila Quiroguesa. Este ano será o 30 e o 31 de marzo.

Xunto coa confirmación da data tamén se presentou a primeira novidade dun evento que reunirá por terceiro ano ás adegas da subzona Quiroga- Bibei, un concurso para escoller o cartel anunciador deste evento. O concurso daralle ao gañador 300€ como premio.

A máis de dous meses da Feira aínda non son moitos os detalles feitos públicos, pero a partir de agora iranse coñecendo máis actividades organizadas con motivo da maior celebración da vila quiroguesa e que cada ano atrae a milleiros de persoas.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...