HomesociedadePublicada a resolución de axudas para restauración e reconversión de viñedo

Publicada a resolución de axudas para restauración e reconversión de viñedo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as resolucións polas cales se destina algo máis de 4 millóns de euros a 179 entidades e persoas beneficiarias para a reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Actuarase nunha superficie total de 315 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

A través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.

Trátase dunha liña de achegas estratéxica, que ten como fin a reconversión do viñedo para poder dar viabilidade as explotacións existentes con variedades autóctonas resistentes ás condicións climáticas, que produzan viño de calidade.

Ligazón ás resolucións no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240216/AnuncioG0426-100124-0017_gl.html https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240216/AnuncioG0426-130224-0002_gl.html

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...