HomesociedadeO CCU de Monforte celebra o fin das rebaixas de inverno cun...

O CCU de Monforte celebra o fin das rebaixas de inverno cun Mercado de Oportunidades

Será no anexo da Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos durante a fin de semana do 24 e 25 de febreiro, día este último no que se sortearán 500 € pola tarde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CCU de Monforte anuncia a volta das Oportunidades de Inverno, un evento que marca o final das rebaixas de inverno no comercio local.

O mercado terá lugar no espazo anexo á Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos durante a fin de semana do 24 e 25 de febreiro. “Será unha oportunidade única para desfrutar de grandes descontos, superando nalgúns casos o 70%, en moda, calzado, bebé, complementos, electrónica, decoración, mercería, agasallo e moito máis”, din dende a xerencia do Centro Comercial Urbano.

As 10 tendas asociadas que ofrecerán ofertas excepcionais son: Da nosa terra, Carpe Diem, Raúl e hijos, Mimos, FYM Moda, Sabrina, Sapitosysirenas, Mercería Carmen, Cactus Rose e Chus Boutique.

HORARIOS

Sábado 24 de febreiro, pola mañá de 10.30 h. a 14.00 h; e pola tarde de 17.00 a 20.00 h.

Domingo 25, en horario de maña que comprenderá das 11.00 ás 14.00 h. e en horario de tarde das 17.00 ás 19.00 h.

SORTEO DE 500 EUROS

Como novidade este ano, aqueles que merquen no Mercado de Oportunidades poderá gañar un premio único de 500 € (10 vales de 50 euros cada un). Con cada compra que realicen durante o evento recibirán unha papeleta para participar no sorteo da cantidade de cartos indicada. O gañador ou gañadora terá que gastar o premio nas 10 tendas participantes no evento (50 € en cada unha).

O sorteo será presencial o domingo 25 de febreiro ás 18:00 h. e cómpre estar fisicamente no lugar onde se realiza o sorteo. De non estar a persoa agraciada, transcorridos 5 minutos a organización procederá a sacar outra papeleta.

As bases completas do sorteo están na páxina web do CCU de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...