HomesociedadeA xornalista, Lucía Rodríguez, con raíces en Sober, pregoará a Feira do...

A xornalista, Lucía Rodríguez, con raíces en Sober, pregoará a Feira do Viño de Amandi

O programa que presenta na TVG ‘Xente marabillosa’ vén de conseguir o Premio Iris da Academia da Televisión, que recolleu en Madrid. O alcalde de Sober asegura que “é unha gran embaixadora do noso Concello, polo que estamos moi contentos de que estea con nós no maior escaparate dos nosos viños, o Amandi"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Sober deu a coñecer este mércores o nome da persoa que se encargará de pronunciar o pregón da XLIV Feira do Viño de Amandi. A persoa elixida é a xornalista e presentadora de televisión, Lucía Rodríguez, unha moza que se define como “100% Ribeira Sacra”, posto que o seu pai é de Sober, de Neiras, e a súa nai de Castro Caldelas.

Ao longo da súa traxectoria profesional, Lucía Rodríguez, traballou como reporteira en Antena 3 Noticias e Telemadrid para posteriormente volver a Galicia e comezar a presentar programas na Televisión autonómica. Entre eles, Desexos Cumpridos, Aquí Galicia, Que nos pille Rebolando, Comando G, Sabadeando e, actualmente, Xente Marabillosa, polo que este 2024 recolleu o Premio Iris da Academia da TV en Madrid. No ano 2020 pon en marcha, SOComunicación, axencia de márketing e publicidade. Lucía confesa que a súa debilidade nas tardes solleiras da primavera ou do verán é facer rutas en moto pola Ribeira Sacra e perderse polos miradoiros da contorna do Miño e do Sil.

Este sábado presentarase no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, o cartel anunciador da XVIL Feira do Viño de Amandi, obra de Eduardo Pérez Baamonde, así como a programación do Mes do Amandi e o programa de actividades da Feira, que este ano se vai celebrar os días 22, 23 e 24 de marzo.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....