HomesociedadeA Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra vai collendo corpo, non hai marcha...

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra vai collendo corpo, non hai marcha atrás

Unha vez celebrada a reunión, desde o Consello de Administración destacan que a agrupación empresarial "vai collendo corpo e non hai marcha atŕas; 16 dos concellos teñen confirmada a súa colaboración e o número de empresas asociadas e entidades colaboradoras segue incrementándose".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación de Empresas da Ribeira Sacra vén de celebrar a primera reunión do Consello de Administración neste 2024. Segue o carácter itinerante destes encontros e o lugar escollido para esta ocasión foi o castelo de Castro Caldelas.

Na reunión deuse conta dos contactos cos 26 municipios que integran a agrupación empresarial e da boa acollida que está tendo a proposta. Mentres o número das empresas asociadas segue incrementándose paulatinamente.

Informouse dos primeiros pasos para que a Agrupación Empresarial comece a operar de mediadora para a formación, como organismo que colaboraría con outras entidades para ofrecer a formación que se necesita na Ribeira Sacra. Desde Ribeira Sacra Next amósanse covencidos da importancia da formación para axudar a fixar poboación e desenvolver o territorio; por iso traballan nunha sondaxe para ver as necesidades reais de formación dos distintos sectores asociados. Unha vez coñecido o resultado da sondaxe estableceranse as medidas para abordar esta problemática.

No Consello de Administración deuse conta tamén dos contactos coas universidades para a elaboración do Plan estratéxico de actuación da AIE Ribeira Sacra Next. Este plan trataría de definir cuestións como as seguintes:

  • Diagnose da situación
  • Definición de elementos estratéxicos da entidade: misión, visión, valores e obxectivos
  • Modalidades de participación e ámbito de actuación
  • Estrutura organizativa e gobernanza
  • Modelo de financiamento
  • Plan de actuación
  • Plan de comunicación
  • Monitorización, avaliación e adaptación

Informouse das negociacións con empresas subministradoras de combustibles para que as empresas asociadas e seus empregados benefíciense de descontos. O Consello de Administración aprobaba a realización dunha páxina web, a actualización da imaxe de marca e a realización doutro material promocional da agrupación, das empresas asociadas e das iniciativas que desenvolven.

No Consello de Administración tamén coñeceron proxectos de mobilidade sostible e de turismo activo. No primeiro caso daríase resposta ás necesidades de conectividade a través de rutas eficientes que, entre outras cousas, axudarían a manter ás persoas maiores nas súas casa durante máis tempo. Un servizo para a sustentabilidade que tende á desestacionalizacións. O segundo caso, Ribeirani, é unha ambiciosa proposta de turismo activo, convencidos de que non hai ningún lugar mellor para sácalo adiante que este territorio.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...