Iniciosociedade18.000 persoas pasaron pola Oficina municipal de Turismo de Monforte no 2023

18.000 persoas pasaron pola Oficina municipal de Turismo de Monforte no 2023

A Oficina de Atención ó Peregrino de Monforte alcanza porcentaxes históricas de visitas, despois de abrir as súas portas no mes de setembro de 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos obtidos nas dependencias turísticas xestionadas polo Concello, no 2023 obtivéronse as mellores cifras de visitantes dos últimos anos. Máis de 18.000 persoas atendidas en 2023 na Oficina municipal de Turismo de Monforte.

Os datos relativos á persoas atendidas na Oficina de Turismo do Concello de Monforte, por anos son os seguintes:

  • Ano 2017: 14.922 persoas
  • Ano 2018: 14.851
  • Ano 2019: 15.237
  • Ano 2020: 9.127
  • Ano 2021: 20.454 (apertura postpandemia)
  • Ano 2022: 17.115
  • Ano 2023: 18.395 persoas, sendo a segunda cifra máis alta dos últimos anos, tras o ano 2021.

Por meses, mantense tamén á alza o período estival. Nos meses de xuño a outubro, nos últimos 2 anos: En 2022, a afluencia presencial á Oficina de Turismo do Concello de Monforte por meses foi de 1.292 persoas en xuño, 2.673 en xullo, 4.877 en agosto, 2.347 en setembro e 1.457 en outubro. É dicir, no período de xuño a outubro, foron un total de 12.646 os turistas atendidos en 2022. Finalmente, en 2023 alcanzáronse as 13.899 persoas atendidas nestes 4 meses: 1.167 persoas en xuño, 3.035 en xullo, 5.466 en agosto, 2.636 en setembro e 1.595 en outubro.

Madrid é a comunidade que máis turistas aportou en todos os meses seguida de Asturias, Pais Vasco, Cataluña, e por suposto Galicia. Respecto ó turismo internacional, Francia ocupa o primeiro posto en canto a visitantes, seguidos de Alemaña, Reino Unido e Holanda.

Ademais da atención presencial na Oficina de Turismo, tamén son atendidas consultas vía teléfono e vía correo electrónico, con datos moi similares tanto en 2022 como en 2023. En 2022 atendéronse 1.402 chamadas telefónicas e contestáronse 301 correos electrónicos. No 2023, 1.464 chamadas telefónicas atendidas e contestados 306 correos electrónicos.

Oficina de Atención ó Peregrino de Monforte

Abriu as súas portas o mes de setembro de 2021. Antes da súa apertura, os peregrinos e persoas interesadas no Camiño de Inverno eran atendidos na Oficina de Turismo. Os datos de atención especificamente relacionados con peregrinos do Camiño de Inverno ata a apertura da Oficina do Peregrino son:

  • Ano 2017: 172 persoas atendidas.
  • Ano 2018: 297.
  • Ano 2019: 412.
  • Ano 2020: 159.
  • Ano 2021: 1.772, ata o 14 de setembro: 322; dende o 14 de setembro (cando se abre a Oficina do Peregrino) ata decembro: 1.450.
  • Ano 2022: 825.
  • Ano 2023: 2.120 persoas.

A Oficina do Peregrino rexistra tanto a atención ós peregrinos que acoden a selar a súa Compostela ou a pedir información, como a atención a persoas interesadas en coñecer o Camiño de Inverno. “Cada vez a Oficina do Peregrino detecta máis persoas que recorren o Camiño de Inverno como ruta de peregrinación a Santiago”, destaca o Alcalde.

En 2023, desas 2.120 persoas atendidas, 821 foron especificamente peregrinos e 1.299 xente solicitando información sobre o Camiño de Inverno. En ambos casos, a aceptación e a valoración da Oficia do Peregrino é moi destacable. En canto ás procedencias, a nivel nacional destacan Asturias, País Vasco, Burgos e Cataluña. A nivel internacional, son Italia, Francia e Australia os principais países de procedencia. Os meses de maior afluencia de peregrinos en 2023 foron outubro (124), maio (121), setembro (118), agosto (100) e xullo (96).

Torre da Homenaxe de San Vicente

Polo que respecta á Torre da Homenaxe de San Vicente, os datos tamén son moi significativos: 16.576 persoas visitaron a Torre en 2023, fronte ás 13.429 persoas de 2022. É dicir, 3.147 persoas máis, que supón un 23,43% máis.

Respecto ás procedencias, principalmente as Comunidades emisoras son Madrid, País Vasco, Asturias, Galicia e Valencia. En canto a turismo internacional, Reino Unido, Francia, Bélxica, Holanda e Portugal, son os países que máis visitantes aportaron.

Por meses, en 2023, as cifras máis salientables corresponden ó período abril-outubro:

  • Abril: 2.619 persoas.
  • Maio: 1.353
  • Xuño: 1.334
  • Xullo: 2.525
  • Agosto: 3.854
  • Setembro: 1.916
  • Outubro: 1.075 persoas.

O Alcalde salientou “que estamos ante uns excelentes datos en canto a número de usuarios dos nosos servizos turísticos, e que confirman a recuperación do sector, tras a incidencia da Covid-19.. Estes datos demostran que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda, e se constitúen hoxe coma un dos principais destinos turísticos do interior de Galicia, grazas á promoción permanente e con eventos que realiza o Concello, tanto a nivel galego como estatal”.

Neste senso, José Tomé Roca recordou que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que da boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking dos 10 lugares únicos en Galicia”.

Finalmente, o Alcalde manifestou  que “estou seguro de que neste ano 2024, se esta tendencia á alza se mantén, volveremos a alcanzar cifras históricas, nas que os nosos grandes eventos como o Entroido, a Feira Medieval, o Festival do Viño ou as nosas Festas Patronais e o Programa de Verán, entre outros eventos, contribuirán decisivamente a captar visitantes e turistas para Monforte”.

ÚLTIMAS

“As catas existiron toda a vida”, Juanjo Figueroa, pregoeiro da Feira do Viño de Vilachá

A 31 edición da Feira do Viño de Vilachá bota a andar este venres...

Reactivadas as notificacións para queimas

Os que soliciten un novo permiso, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse...

A Xunta tamén colaborará co ‘Campionato de España de Taekwondo’ de Monforte

A Xunta vén de anunciar que colabora co Campionato de España de Taekwondo, que...

Axudas para a reconversión da viña e ‘Día do viño DO’

No DOGA do 26 de marzo publicábase a Orde da Consellería do Medio Rural,...